Curso de Orientación
O VENRES 20 de novembro e o sábado 21, no Colexio Escultor Acuña de Vigo realizouse o Curso de Orientación deportiva.
O sábado pola tarde nos trasladamos a Pontevedra para rematar o curso cunha carreira de orientación no parque "Illa das esculturas".
O curso o impartiron os profesores Enrique Fuentes González e Martín Pazó Pazó.
O curso está homologado polo M.E.C. por 18 horas
As actividades que se fixeron foron:
1.- Elaboración de mapas Ortofotos, Obter perfís Definir o mapa: áreas, cores, puntos, outros símbolos Escalas...O compás Orientar un mapaMarcar un rumboSeguir un rumbo: talonamentosTraballo en pequenos espacios co plano: orientar o plano; ubicar balizas no plano, identificación de lugares, áreas, símbolos..Elaboración de materiais: balizas, tarxetas, descripción de controis...Técnicas básicas na carreira: liñas de parada, pasillos, talonamentos...
2.-Organización dunha carreira: A organización do alumnado. Materiais necesarios. Os percorridos. Saídas e chegadas. A interdisciplinariedade da actividade. Desenvolvemento dunha carreira no centro.
3.-Recursos web e bibliográficos Actividades e xogos de iniciación:Talonar. Diversos modos de carreiras: xogar coas balizas e cos espacios dos que dispoñemos, xogos de memorización, elaboración de tarxetas...Recoñecemento da zona, Identificar os elementos da realidade no mapa. Desenvolver unha carreira con descripción de controis nun entorno distinto do centro educativo.Trazado dunha carreira con 4 ou 5 balizas en pequenos grupos
Temos que agradecer a D. José Luis Armada, da Universidade de Vigo a súa colaboración coa cesión para este curso de material diverso para o bo desenvolvemento deste evento; tamén ao equipo directivo do CEIP Escultor Acuña pola cesión das instalacións.
Pese as inclemencias do tempo, a avaliación final dos participantes neste curso foi moi positiva, o que nos anima para seguir programando novos cursos no ano vindeiro.
Dentro duns días estará colgada na WEB de AGADEF os materiales que os profesores do curso nos prometeron.
Grazas a todos/as.
Os membros da organización do curso.
Curso de Orientación en Vigo
Estamos a rematar de ultimar a celebración dun curso de orientación en Vigo, baixo o título: "O deporte de Orientación: Da Escola ao Entorno Natural", homologado polo MEC, cunha duración prevista de 18 horas (entre presenciais e non presenciais).
A data prevista de celebración será o venres 20 de novembro, a partires das 17,30 (hora estimada) e o sábado 21 de novembro (de 9 a 20 máis ou menos).
O curso está organizado por AGADEF, coa colaboración dos poñentes Martín Pazó Pazó e Enrique Fuertes González.
O lugar de celebración será o CEIP Escultor Acuña, Rúa Estrada, 10 36209 - Vigo, e de acompañar o tempo na praia de Samil e/ou a praia do Galiñeir.
O custo da actividade será de 20€ para non socios e gratis para os socios e socias de AGADEF.
En breve tentaremos por á vosa disposición o programa e a forma de inscripción. O pago poderá facerse no lugar da celebración ou na conta da asociación.
Importante Para a certificación por parte do MEC, será necesario aportar no momento de celebración do curso un certificado do centro onde se estea a traballar, pois o MEC so certifica a docentes en activo, e por certo, que estea escrito en galego e castelán. A certificación poderá demorarse en chegar arredor de dous meses.
OUTRAS PROPOSTAS DE FORMACIÓN
Estudiaremos a viabilidade de ofertar este mesmo curso en Santiago ou A Coruña no primeiro ou segundo trimestre do 2010 (en parte en función da demanda).
Tamén temos previsto ofertar un curso de danzas (similar ao que se ofertou en Vigo hai dous anos) nesas datas en Santiago ou A Coruña.
Para calqueira dúbida, podedes contactar connosco en agadef@agadef.com.
Novas de outono
Chegado o tempo de outono, recomendamos que visitedes o noso foro e que lle votedes unha ollada aos nosos enlaces, onde temos novidades como:
- Contidos sobre a EF (Universidade de Murcia)
- Didáctica en Video (Ull Esportiu)
- Enlaces a páxinas feitas por docentes de EF como a Web de Norberto e Maixua.
Un saúdo
Comezo do curso
Ola a todos e todas.
Dende AGADEF queremos desexar a tódolos/as docentes de Educación Física un bo curso 2009/2010.
Así mesmo queremos convidarvos a participar nesta páxina web, a través dos foros, e mesmo das aportacións e comentarios que creades oportunos sobre o mundo da EF.
Un saúdo
Oposicións
Dende AGADEF queremos felicitar a todos aqueles opositores que viron recompensado o seu esforzo coa tan ansiada praza.
Noraboa
Acabamos tamén de inaugurar un novo foro sobre as oposicións que esperamos sexa do interese de membros da asociación e de persoas relacionadas co ensino da EF en xeral.
Un saúdo
ColpBol
Imaxino que non será novidade para moitos o ColpBol, pero para os que aínda non o coñecedes, trátase dun novo deporte cunha pretensión de integrador, novedoso e con poucos requisitos materiais para a súa práctica.
Tedes toda a información en: http://www.colpbol.es/