Non estás rexistrado (Rexistrarse)

Discussion nube de tags


INICIO AGADEF.





-Feito con Vanilla-




Adaptado por:egalego.com.

    • CommentAuthoragadef
    • CommentTimeMar J07 E
     
    Brinquedia, a Rede galega do xogo tradicional, co obxectivo de realizar actividades de divulgación do noso patrimonio lúdico e de introducir os xogos de sempre nos centros escolares galegos, convoca o IV Encontro escolar de xogos tradicionais

    Data: Sábado, 30 de Maio de 2009

    Lugar: Feira internacional de Galicia, en Silleda

    Horario: De 10 a 18 horas

    No arquivo adxunto vai:

    1.- Normas xerais polas que se desenvolverá o Encontro

    2.- Ficha de inscrición a cubrir polos centros escolares

    3.- Xogos que se practicarán no Encontro (a maiores poderán introducirse máis xogos, dependendo do nº de participantes)

    4.- Varias imaxes dun modelo de carrilanas, para dar unha posible idea de como se poden construir
    • CommentAuthoradmin
    • CommentTimeApr J43 E
     
    O 30 de Abril é a data tope para realizar a inscrición nos encontros.

    Para ampliar información (normas xerais, fichas de inscrición, xogos a practicar ...) entrade no seguinte enlace
    http://www.xogospopulares.com/index.php?subaction=showfull&id=1231970692&archive=&start_from=&ucat=34&

    Adxuntamos un arquivo ZIP cun díptico provisional e a descrición dos xogos novos.

    Anímate a participar nesta actividade que busca introducir os xogos de sempre nos nosos centros escolares, que persigue o manter parte da nosa cultura lúdica e que pretende dar unha posibilidade para fomentar as relacións entre os nenos, as nenas e os membros das súas familias.