No presente curso, tanto no primeiro como no segundo ciclo, pola implantación da LOE teremos que avaliar, ademais da avaliación de consecución de obxectivos por parte do alumnado, o grado de consecución de competencias. As competencias veñen xa definidas, pero no tocante a como avalialas a LOE deixa todo a criterios dos centros, pero despois avaliarase aos centros sobre o grado de dominio das competencias por parte do seu alumnado. Sin entrar a valorar que non fixaran nin unha sóa competencia motriz, a avaliación dos centros deste xeito pode condicionar o xeito de afrontar a Educación Física nos centros, e cando menos supón un cambio na programación. Ademais agora teremos que avaliar dúas veces. Por un lado como ata agora o grado de consecución dos obxectivos por parte do alumnado, e por outro, coordinadamente co resto do profesorado de cada alumno o grado de consecución das competencias. Gustaríanos coñecer a opinión de cada un. Rexistrádevos no foro e participade. Un saúdo dende AGADEF
A min si me gustaría debatir a falta dunha competencia motriz. En canto a traballar as competencias, a solución pasa por centrar todo a partires delas e asunto resolto. Si os que deseñan os plans educativos esquecen a educación física pouco máis que falar diso nos foros podemos facer. As leis fanas para cumplilas e si hai que traballar sobre competencias a facelo.
A min pareceme que iso de plantexarse a EF a partir do traballo sobre as competencias pode ser cando menos perigoso. Quero dicir que si cada vez que programo o fago pensando xa nas competencias e esquezo outras cousas os nenos acabaran sabendo buscar moito sobre os xogos populares pero serán incapaces de facer bailar un trompo. Medo me dá que alguén pense primeiro en abarcar as competencias (porque sobre elas nos van avaliar) e deixe en segundo lugar a aprendizaxe e traballo das capacidades físicas e actividades propias da área. Cada vez os nosos nenos xogan menos e si en vez de polos a xogar no pouco tempo semanal que xa teñen de EF os pomos a consultar libros e google, flaco favor lles facemos para o seu desenrolo psicomotor, ainda que claro, so é unha opinión dun mestre e non dun sabio e experto sobre educación que fai leis educativas
Ola, as competencias refírense a "saber" e a "saber facer" , non se trata só de aspectos cognitivos, senón tamén de procedementos e actitudes ( algúns autores falan tamén de "saber ser" ). Todas as competencias LOE están relacionadas coa área de EF, penso que non tería sentido engadir outra chamada "competencia motríz", o traballo consiste en desenvolver esas capacidades e acadar os obxectivos. Chegamos un pouco tarde a este tema; as competencias en educación datan de 1965 (Noam Chomsky).