Rematado o proceso selectivo para o ingreso ao corpo de mestres pola especialidade de educación física, e dado que algúns/nhas acadástedes a tan ansiada praza, e outros quedástedes fora pensamos en AGADEF que non estaría de máis crear un foro específico sobre oposicións onde tratar a experiencia propia e as vosas dúbidas sobre o proceso, máxime tras recibir un correo dun tal Chinto que dí que estivo como vocal nun tribunal. Nas vosas mans queda rexistrarvos e darlle vida a este novo tema de foro. Parabéns aos/ás aprobados/as e sorte e ánimo para os/as que non o conseguístedes.
Pois si que me deron de alta pronto, pena que non me avisaran por mail como noutros foros. Ola a todos e todas. Estiven polo foro que ten certo sindicato, moi movido por certo e como coñezo de visitar AGADEF, mandeilles un mail para comentar o do foro, e fixeron caso (non irán de vacacións). Pois nada, que estiven de vocal nun tribunal por ef, e non vou dicir en cal, pero si podo aclarar dúbidas neste foro, tentarei aportar o que poida. Súmome ao que din en AGADEF, noraboa aos/as aprobados e ánimo e sorte na próxima para os que non o conseguiron.
Grazas Chinto. Espero que non te deseperes, xa que como che comentei en mail privado este foro vai algo parado e ata que comezado o curso faga un "noticieiro" aos socios dubido que alguén aporte comentarios. Pásate de vez en cando que se agradecen foreiros novos e/ou fainos publicidade (je,je).
Non entendo o que se pretende no foro. Coido que se debería comezar por valorar si o sistema de concurso-oposición é bo, xusto ou si é discriminatorio, para meter aos interinos consolidados. Levamos moitos anos xa vivindo oposicións "transitorias" que poñen en bandexa as prazas aos que acreditan moitos "méritos", con probas máis ou menos selectivas ou non. Nestes últimos anos, cun 40% da nota para os méritos, cunha parte B2 sustitutible por un informe (que a propia administración cubría con 10), e sin opción a quedaren ninguén eliminado ainda sacando un 0 na proba A, creo que o de xusto o sistema non ten nada. Claro que eu non levo anos de interino. De tódolos xeitos e como xa dixen, isto non é novo (no 91 montárase unha boa), e o único pasa por agruparse aqueles que o vexan inxusto e repetir o do 91, ou facer como moitos que o viviron, que despois entraron de interinos e xa lles interesaba o sistema "transitorio" (nota: comenta un que daquela tivo que emigrar e aprobar a pelo fora).
O tema do foro é tentar aclarar dúbidas e orientar a que oposita. No que dí nometoquelok, o sistema é o que hai, e é competencia da administración, co que en todo caso a ela correspondería respostar por qué un sistema ou outro.
La cosa yo la veo así: estudiar, hacer cursos para llenar el baremo, intentar pillar una sustitución y esperar tener mucha suerte. En cuanto al sistema de oposición, esperar uno más justo y equitativo mientras no se sumen puntos para el baremo, y una vez que esa parte se empieza a llenar, esperar otra "transitoria" de estas, volver a machacar los temas y al toro.
Hola, queria preguntarle a Chinto si me aconseja algún temario de alguna editorial en especial y si nos podía decir que tipo de tema les ha gustado más en su tribunal (los que hayan obtenido mejor nota). Muchas gracias.
O dos temarios é moi complicado, xa que se corrixen seguindo unha plantilla e esta a diseña a comisión formada polos distintos presis dos tribunais, así que decantarme eu por un ou outro pode serche contraproducente, máis cando hai moitos anos que opositei e agora os descoñezco. Sóense empregar os mesmos que empregan as academias (inde, premir,...) e deles sacar uns aspectos que os exames deben tocar. En canto aos exames con mellor nota, está moi claro que co sistema de que é o tribunal quen o lee, ten que ser claro, boa letra, limpoe centrarse no tema, deixar marxes, con índice cos puntos a seguir, introducción, bibliografía e conclusión cando menos. Ademáis, si os exemplos son orixinais e non os dos temarios pode axudar. Pensa que si un tribunal ten pouco tempo para correxir máis de 100 exames, mirar outras tantas programacións, queimase moito si ten que andar a descifrar o que pon un exame ou si o que está lendo é repetitivo ou ten máis que ver con outro tema (un apartado común doutro tema que tés máis controlado o soltas para encher??). Outra cousa, queda fatal ter faltas de ortografía, meter abreviaturas, tachóns, ou equivicarse nunha cita (moitas citas ás veces fan pesado os temas). En canto a cal gustaron máis, o dito: os que tocaron os puntos da plantilla (ainda que non seguira a orde ou citara aos mesmos autores), fose limpo e claro, sen faltas e con boa letra. Espero que che aclarase algo.
Muchas gracias Chinto si que me aclaras muchas cosas. Lo ideal para mi sería conocer exactamente esos puntos que hay que tocar en cada tema, porque he visto varios temarios y varían demasiadas cosas y te hacen dudar si unas cosas son más importantes que otras.
Quero completar un pouco o que comenta Chinto. Os tribunais son novos cada ano, e polo tanto tamén as comisións que forman os presidentes, polo que dun ano a outro pódese dar o caso de que as plantillas que empregan para correxir non sexan iguais. Eu persoalmente creo que o sistema dun exame no que hai que desenrolar un tema é pouco obxectivo, xa que dependendo de quen o corrixa variará moito o resultado (si os autores que eu cito, no tribunal non lles soan e eles miran nun temario que contempla a outros, aínda que eu me currara moito o tema e estea moi actualizado, pois a nota pode non ser a esperada). Non sei, pero tal vez unha proba tipo test que sempre é moito máis obxectiva e selectiva (o que estudiou acertará e o que non será cuestión de si ten sorte rifando). Pero vamos, é unha opinion persoal e tamén quería aportar algo a este foro (era o que me faltaba por tocar, je, je)
Parece que co curso en marcha, e pasado o trago das opos (fose ben ou mal), agora o tema xa non esta de actualidade, así que propoño que o aparquemos ata que o ruxe-ruxe dunha nova convocatoria o poña na portada. Grazas aos foreiros polas opinións e esperámosvos máis adiante e tamén noutros foros.
Ola a todos e todas. Outra vez a pelear cos temarios, que as oposicións están xa aquí. Damos por tanto aberto outra vez este foro. Ánimo e sorte a todos e todas.