Curso de Orientación en Vigo
Estamos a rematar de ultimar a celebración dun curso de orientación en Vigo, baixo o título: "O deporte de Orientación: Da Escola ao Entorno Natural", homologado polo MEC, cunha duración prevista de 18 horas (entre presenciais e non presenciais).
A data prevista de celebración será o venres 20 de novembro, a partires das 17,30 (hora estimada) e o sábado 21 de novembro (de 9 a 20 máis ou menos).
O curso está organizado por AGADEF, coa colaboración dos poñentes Martín Pazó Pazó e Enrique Fuertes González.
O lugar de celebración será o CEIP Escultor Acuña, Rúa Estrada, 10 36209 - Vigo, e de acompañar o tempo na praia de Samil e/ou a praia do Galiñeir.
O custo da actividade será de 20€ para non socios e gratis para os socios e socias de AGADEF.
En breve tentaremos por á vosa disposición o programa e a forma de inscripción. O pago poderá facerse no lugar da celebración ou na conta da asociación.
Importante Para a certificación por parte do MEC, será necesario aportar no momento de celebración do curso un certificado do centro onde se estea a traballar, pois o MEC so certifica a docentes en activo, e por certo, que estea escrito en galego e castelán. A certificación poderá demorarse en chegar arredor de dous meses.
OUTRAS PROPOSTAS DE FORMACIÓN
Estudiaremos a viabilidade de ofertar este mesmo curso en Santiago ou A Coruña no primeiro ou segundo trimestre do 2010 (en parte en función da demanda).
Tamén temos previsto ofertar un curso de danzas (similar ao que se ofertou en Vigo hai dous anos) nesas datas en Santiago ou A Coruña.
Para calqueira dúbida, podedes contactar connosco en agadef@agadef.com.